Unicamente 4 empresas da Comarca do Carballiño figuran entre as grandes da provincia en facturación
O tecido empresarial do Carballiño e O Ribeiro está dominado por pequenas mercantiles, únicamente catro empresas no ámbito das dúas comarcas superan os 10 millóns de euros ao ano, e según os últimos datos dos que se dispón, que se corresponden co ano 2016.
Asúnicas catro empresas que superan esa facturación dos 10 millóns anuais ubicanse na comarca do Carballiño, concretamente dúas no parque empresarial do do Carballiño, e as outras dúas nos municipios de San Cristovo de Cea e Piñor, respectivamente.
Na primeira posición deste ranking está GRI TOVERS GALICIA S.L., a empresa dedicada á contrucción de torres eólicas , cunha facturación de 30,9 millóns de euros no ano 2016, cando empregou a un total de 369 traballadores, tamén é polo tanto, e de forma destacada a empresa que da máis traballo.
No pasado mes de Outubro, o consello da Xunta de Galicia recoñeceu como “Proxecto Empresarial Singular” o presentado por esta empresa para facilitarlle un dereito de compra dunha parcela no Parque Enpresarial do Carballiño, de máis de 17.0000 metros cadrados, onde prevé investir 5 millóns de euros e crear 57 postos de traballo.
Unhaempresa do sector forestal e dedicada a compra e comercialización da madeira, fundamentalmente de piñeiro e eucalipto e con domiciilio en Cea ocupa a segunda posición en canto a facturación por vendas, cun total de 16, 2 millóns de euros, no último ano contabilizado. Trátase de MADEIRAS PACO CACHAROLO S.L..
Unha empresa con filosofía familiar, con apenas 9 traballadores, aínda que con numerosos autónomos cos que mantén relación empresarial. Ademáis, esta empresa de Cea tamén ten proxectos de ampliación da actividade, está interesada na compra dunha parcela de 22.000 metros cadrados que ven de poñer á venda o concello San Cristovo de Cea no polígono industrial do Fonde de Cea.
A terceira mercantil en vendas da comarca é “Sociedad Gallega de Polimeros SA” –SOGAPOL- que ten a súa factoria no parque empresarial do Carballiño, cunha facturación de 15,8 millóns de euros, e con 51 empregados no ano 2016, centra a súa actividade na transformación de material plástico.
E xa, finalmente, en canto a facturación a outra empresa que supera os 10 millóns de euros no ámbito comarcal está situada na localidade de Loeda, no concello de Piñor, ademáis é a segunda da comarca en canto a postos de traballo, tiña no ano 2016 un total de 110 empregados, cifra que xa supera na actualidade.
MADERAS GÓMEZ realizou vendas por importe de 10,4 millóns e euros, dedicada a comercialización da madeira e a fabricación de envases e embalaxes de madeira. No último ano acometeu proxectos de expansión tanto no propio municipio de Piñor como no concello de Vilamarín.