A V Festa Mexicana ambienta "A mañá de Cope O Carballiño", que viaxou esta semana ata o Concello de Avión
O alcalde, Antonio Montero, nun momento do programa
(Redacción Belén González) Esta semana "A mañá de Cope O Carballiño" viaxou ata o Concello de Avión para emitir o seu programa. Ó estudio móbil acudiron diversos invitados do pobo para achegarnos a historia e a actualidade do que aconteceu e do que acontece.
Entre os invitados hai que destacar a intervención do seu alcalde, Antonio Montero que falou do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Programa encargado de regular a construcción e a rehabilitación das casas do pobo. O parón na construcción debido a crise provocou o freo desta actividade, pero Montero tamén reclamou que "fai falta unha zona de extensión onde se poida construir e esperamos que esta crise, máis adiante, permita reactivar a necesidade de construir na nosa zona". O famoso Plan E, tamén se está levando a cabo en Avión grazas ó que se está construíndo unha residencia. Esta instalación terá lugar para 20 persoas, grandes dependentes, que cubrirá tódalas necesidades e que ofrecerá traballo para cinco ou oito persoas.
Outra das obras é a construcción do Parque Eólico que se viu freado por diversas cuestións técnicas e legales; a obra xa está adxudicada, pero o comezo das obras aínda non se vai iniciar. Este parque suporá un ingreso de cartos que servirán para investir en novos proxectos para mellorar o pobo. Noutra orde de cousas, o máximo representante de Avión falou das diversas actividades que o concello ten para todo o verán e para tódolos públicos. Entre elas celebraránse xornadas de cine, clases de piragüismo, actuacións de magos, excursións, cursos de natación para os máis novos e maiores, campionatos de fútbol, andainas en bicicletas e actividades na praia fluvial que contará cun persoal de primeros auxilios. Outra actividade moi interesante son as rutas de sendeirismo que discorren pola Serra do Suído e a V edición da Festa Mexicana.
Para falar desta festa mexicana, adicada este ano ós emigrantes no país azteca, achegouse ós micrófonos de Cope O Carballiño Isabel Gabián, responsable de organizar este festexo. O programa para este ano comezará ás 20.30 horas con actividades para os máis cativos como xogos de piñata e moitos máis que evitarán o aburrimento de todos. A partir das 21.00 horas, tódolos asistentes poderán degustar os famosos antojitos mexicanos e tamales, tanto doces como normais, a cargo de tres restaurantes de Galicia: Chilam-Balam de Vigo, O Rincón Azteca de O Carballiño e O Mesón Mejicano de Tourón. Ademáis, nesta edición haberá menús degustación para aqueles que se atopen indecisos e para os que descoñecen a ampla gastronomía mexicana. Para rematar a xornada festiva, a verbena estará amenizada polo grupo Garibaldi, composto por doce persoas.
Dunha festa imos a outra, coas festas na honra ós patróns do pobo, Xusto e Pastor e San Roque que terán lugar os días 1, 2 e 3 de agosto. Para falar disto contamos coa presenza de Óscar Martínez, un dos integrantes da comisión de festas deste 2009. Este verán haberá un cartel de luxo: o día 1 a partir das 12.00 horas celebraráse unha misa solmne con procesión e haberá un pasarrúas a cargo do grupo Os Chispas. Na xornada da tarde, os avioneneses contarán cun concerto a cargo de Os Chispas e a Agrupación Musical Monterrei. Pola noite, a verbena estará amenizada polos Diplomáticos do Acordeón. Ó día seguinte, a misa solemne terá lugar ás 13.00 horas e o pasarrúas contará coa presenza da Banda a Lira de Ribadavia que tamén ofrecerá un concerto a partir das 20.00 horas. A verbena estará amenizada polas orquestras Tango e Marimba. A partir da 01.00 horas da madrugada haberá un gran folión de lucería E para rematar este día tocará o mariachi Tecatitlan. O derradeiro día de festexo contará coa misa solemne a partir das 13.00 horas. O pasarrúas correrá a cargo da Banda de Arcade. que a partir das 20.00 horas ofrecerá un concerto. Xa pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras D´Moda e Midas.
O noso último invitado foi "unha memoria viva do que é a historia neste Concello de Avión durante case medio século"; esta descripción corresponde con D. Serafín, o párroco de Avión, que leva exercendo a súa actividade relixiosa durante 48 anos. Ata a terra do Suído chegou, ó saír do seminario, para cubrir o posto do antigo párroco, D. Jesús que se foi para América de misioeiro.
"Fai 48 anos o único coche que se vía era o coche de línea e algún máis". Según D. Serafín, isto cambiou totalmente e cambiou para ben tanto económica como relixiosamente, porque o párroco afirma que á súa misa segue asistindo moita xente. D. Serafín xustificou a presenza de dous patróns porque foron mártires de Alcalá polo ano 400 e define a Avión polo pastoreo, etapa que marcou ó pobo pola subida ó Suído co aquel gando que a xente na súa casa non era capaz de alimentar. Había gardadores que vivían en chozos durante a súa estadía na montaña que se encargaban de coidar e velar polo gando dos veciños; dende alí víase Redondela que D. Serafín explica cunha foto: "Teño unha foto dunhas vacas que están mirando para Redondela, porque lle viña o aire da ría".
A zona do Suído, manifesta o párroco que, nun principio non pertencía a Avión senón que era de Pontevedra, pero os avionenses gañáronlle a batalla do pastoreo. Cando chegaban as festas no mes de setembro, os segadores voltaban de Castela e eran recibidos por un gran folión. Co paso dos anos e do tempo, as festas trasladáronse a mediados de agosto porque era o único mes no que estaban os emigrantes. Durante un tempo, os festexos tiveron lugar o 15 de agosto na honra de San Roque, de Xusto e Pastor pero coincidían con moitas festas espalladas por toda Galicia. Deste xeito, os veciños solicitaron outra vez o cambio das festas para principios de agosto. D. Serafín accedeu e dende aquela, as celebracións dos patróns e de San Roque teñen lugar os primeiros días de agosto para que poidan desfrutar delas os emigrantes e os veciños de Avión.
Un programa cargado da máis pura actualidade e modernidade contrastado co Avión de fai case medio século. Un pobo que avanzou tecnolóxicamente, pero aínda segue conservando a esencia da emigración e de ser un pobo atractivo para todos entre esas montañas do Suído, das que din que se avista o mar.