Vaga de roubos en pisos do Carballiño: fanse pasar por comerciais de telefonía e consuman varios roubos na zona dos Catro Camiños, Avda do balneario e nas rúas Cuba e República Argentina

17, Abril 2021

O patrón de roubo consiste en facerse pasar por comerciais dunha empresa de telefonia, desta maneira acceden ao interior dos edificios e unha vez dentro forzan a porta de entrada dos pisos nos que non lle contesta ninguén, e fano preferentemente en horario de mediodia e primeiras horas da tarde. 

Según o testimonio de varios veciños trátase dun grupo que actúa perfectamente organizado integrado por catro homes e unha muller e con este "modus operandi" terían levado a cabo unha decena de roubos nos transcurso da última semana en varios edificios do casco urbano do Carballiño situados na zona dos Catro Camiños, na Avenida do Balneario e nas rúas Cuba e República Argentina. Tanto na Policía Local como na Garda Civil rexistráronse varias denuncias por parte dos propietarios das vivendas nas que actuaron os ladrós e a Policia Xudicial xa abríu unha investigación tras a toma de datos nos edificios afectados por esta vaga de roubos dos últimos dias.

Dende a Policía Local fan unha chamada á veciñanza para permanecer en alerta, e evitar que esta banda siga actuando no Carballiño, poñendo en coñecemento das forzas e corpos de seguridade calquera información que poida ser de interese, asi como denunciando calquera conducta delictiva que se observe.