A Valedora do Pobo admite a trámite unha queixa de Manuel Nogueira e require información ao concello sobre a normativa de seguridade no parque infantil da Alameda

15, Febreiro 2020

A queixa ante a Valedora do Pobo de Galicia sobre as deficiencias en materia de seguridade no parque infantil da Alameda fora presentada por Manuel Nogueira, integrante de Podemos O Carballiño.

Na contestación remitida pola institución autonómica, dase por admitida a queixa e informa que vai requerirlle ao concello do Carballiño información sobre os problemas que motivan esta actuación.

Para descargar a contestación da Valedora do Pobo prema no arquivo adxunto: