Veciños de Piñor e Partido Popular abren negociacións para chegar a un posible acordo
Representantes de ambas formacións políticas, encabezadas polos seus respectivos candidatos á alcaldia, Uxío Rodríguez por Veciños de Piñor, e José Luis González polo Partido Popular reuníronse nunha primeira toma de contacto que busca un posible acordo no concello de Piñor.
Tras os resultados do pasado dia 24 de Maio, ningún grupo acadou maioría absoluta, xa que o PSdeG obtivo 4 concelleiros, o Partido Popular 3 concelleiros e Veciños de Piñor 2 concelleiros.
O gran damnificado dun posible acordo entre PP e VP sería o candidato Socialista Francisco Fraga, que tras 12 anos perdería a alcaldia do concello de Piñor.
De todas as maneiras, calquera posiblidade permanece de momento intacta, e mesmo un goberno en minoria dos socialistas, xa que desde Veciños de Piñor apuntan a "posibles acordos entre partidos alleos ao noso concello, que poderían utilizar a Piñor como moeda de cámbeo".