Veciños de Punxin estudan declararse insubmisos no pago dos recibos da auga
Asi o manifestaron a esta emisora de radio, tras varias reunións mantidas nos últimos dias e varios escritos dirixidos ao Alcalde de Punxin, ao que mostraron a súa indignación polo incremento das taxas, de ata un 339 % no último ano.
A polémica polo aumento no recibo da auga no municipio de Punxin vive un novo capítulo: os veciños máis críticos amenazan agora con non pagar a factura e devolver os cargos bancarios.
Os veciños manteñen que as taxas municipais reguladoras do abastecemento e depuración de auga son abusivas "xa que en cuotas fixas son un 48% e un 112% máis altas en Punxín en relación ás dos concellos veciños de Ribadavia e O Carballiño, e un 88% e un 100% máis altas en taxas variables tamén comparadas cos mesmos concellos". En cuotas fixas pasouse de 6,68 euros a 22,66 por trimestre, mentres que as taxas variables aumentaron o custo do metro cúbico de auga en todos os tramos nun 100%.
Desde o actúal grupo de goberno do Partido Popular cúlpase da situación ao anterior goberno socialista, que privatizou o servizo e contratou coa empresa adxudicataria en base a unhos prezos pola xestión do servizo. Non obstante, veciños do municipio entenden "que o novo goberno xa tivo tempo suficiente de rectificar e buscar unha solución, defendendo os dereitos dos veciños, porque esto é un abuso en toda regla, se non revisan as cuotas estamos dispostos a insubmisión", afirman.