Veciños da Almuzara e bombeiros controlan un incendio na vivenda familiar do Alcalde de Boborás
O sinistro ocorreu minutos antes da 9 da noite, os veciños da Almuzara conseguiron en pouco tempo extinguir o incendio. De feito, cando chegaron os Servizos de Emerxencias do GRUMIR e Protección Civil do Carballiño a situación estaba xa controlada.
O lume afectou so ao cuarto de baño da vivenda familiar propiedade do Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño. Na casa, de aínda recente construcción, atopábase a esa hora a esposa do Rexedor Municipal, Mª del Carmen Cives, que escoitou un estoupido pero -según contou- pensou que fora producido por un pau da lareira e non lle deu máis importancia. Non obstante, cando advertíu o fume ela mesma intentou apagalo pero xa non o conseguíu, polo que optou por pedir axuda aos veciños e dar aviso aos bombeiros.
A rápida intervención dos veciños foi decisiva, evitando que o lume se propagase ao teito de madeira "se non fose asi, xa non habería forma de parálo", recoñeceu Caamaño, que tivo palabras de agradecemento tanto para os veciños como para os bombeiros pola celeridade na actuación.
"O mellor é que non hai que lamentar danos personais e que todo se quedase nun susto", dixo Cipriano Caamaño, que no momento do sinistro atopábase no centro de saúde. A madeira dos espellos e mobles do cuarto de baño, e "as toallas, polo menos unhas 12 e os albornoces, fixeron unha masa que orixinou unha gran fumeira", explicou Caamaño.