Veciños de Piñor decide finalmente apoiar a moción de censura, tras unha segunda votación

22, Xuño 2018

 

Xornada intensa a vivida este venres no seo de Veciños de Piñor para acordar unha postura do grupo sobre a moción de censura ao alcalde do Partido Popular, Luis González.

Tras rexeitar inicialmente VP o apoio á moción de censura promovida polo PSOE ao non aceptar que Francisco Fraga fose o candidato proposto, a situación foi cambeando no transcurso do dia, e finalmente, pola tarde, Veciños de Piñor acordou secundar a moción que desaloxará da alcaldia ao alcalde do Partido Popular.

Nesta última votación, enténdese que a definitiva, houbo 6 votos a favor de apoiar moción de censura, 5 en contra e 2 abstencións.