"Ven e vive O Carballiño", a nova WEB de promoción turística do concello do Carballiño.
O concello do Carballiño conta cunha nova ferramenta para a promoción turística, unha nova iniciativa da concellería de turismo que dirixe o concelleiro Manolo Dacal.
Baixo o slogam "Ven e vive o Carballiño" o novo portal WEB do concello carballiñés ofrece unha aproximación aos diversos recursos turísticos do municipio, ocio, gastronomia, cultura e patrimonio tanto natural como artístico, de utilidade tanto para os visitantes como mesmo para os propios veciños e veciñas do Carballiño e Comarca, que inclúe máis de 300 fotografias.
Pode encontrarse no enderezo:http://turismo.carballino.gal/