A verbena coa orquestra Paris de Noia abre as Festas da Saleta de Cea, que se prolongan ata o lúns 25, dia festivo de carácter local no municipio.
Unha verbena para a noite deste venres dia 22 coa orquestra Paris de Noia abre a programación festiva da Saleta 2023, que se prolongarán ata o lúns dia 25, incluido.
Para o sábado 23, animación musical nas rúas de Cea coa agrupación de música tradicional Feitizo de Pau, e pola noite verbena coa orqurestra Fuego.
O domingo 24, a vila de Cea acollerá pasarrúas da Banda de Música de Boborás, que acompañará a procesión e ofrecerá concertos na Praza Maior. A verbena estará amenizada por dúas orquestras, Trebol e Miramar.
Xa finalmente, o lúns 25, que ademáis será dia festivo de carácter local no concelllo de San Cristovo de Cea, haberá animación musical con Feitizo de Pau, pasarrúas e acompañamento na procesión da Banda de Música Popular de Muimenta e verbena coa charranga-espectaculo Ardores e a orquestra New York.