A VI Gala do Deporte premiou aos mellores deportistas carballiñeses
O auditorio do Carballiño acolleu a celebración da sexta edición da Gala do Deporte do Carballiño, que con carácter anual organiza a Área de Deportes do concello carballiñés.
Na mesma, entregaronse os trofeos aos deportistas carballiñeses que destacaron pola súa traxectoria durante o última ano 2013, nas máis diversas modalidades deportivas. Tamén se recoñeceu a colaboración dos patrocinadores.
Como mellores deportistas carballiñeses do ano, Vicente Crespo, campión de europa e terceiro no campionato do mundo co equipo de España en pesca con mosca, e Alba Martínez, campioa galega de triplo salto.
Ademais destes dous deportistas foron premiados tamén o Aparthotel Arenteiro e Autocares Rodríguez, polo seu patrocinio en numerosas probas, competicións deportivas e as escolas municipais de futbol.
Chema Ferreiro e Fernando Guerra , como mellores deportistas veteranos, a Andadina do Pulpo como mellor proba deportiva do pasado ano, Sandra Senra como deportista revelación, e Miguel Angel Romeu “mechas” por toda unha vida no deporte carballiñés.
Así mesmo repartíronse diplomas a deportistas destacados, como os alumnos do a escolaa municipal de futbol, que xa deixaron ésta logo de pasar por todas as categorías, ou ao piloto e copiloto de rallies de históricos Alfonso Gracía e Jesús López. O capítulo de diplomas pechouse cos de Manuela Fernández e Guillerme Iglesias, pola súa participación en andainas de máis de 50 quilómetros, e Alfonso Medela, campión galego de Canicross.