As víctimas do incendio no edificio Magariños critican a actuación da xustiza e o abandono institucional

2, Febreiro 2013

Non entenden como o Xulgado nº 1 do Carballiño pudo acordar o arquivo das dilixencias e confian na reapertura do procedemento na Audiencia Provincial.

Por medio dun comunicado dirixido á opinión pública, as víctimas do sinistro ocorrido no mes de novembro de 2011 no edificio Magariños do Carballiño mostran a súa extrañeza pola decisión da xustiza "sen que se practicasen as dilixencias que as acusacións pedian", polo que -consideran- non se investigou nin tampouco se aclararon as circustancias do incendio.

Tamén denuncian o abandono institucional, afirmando que en ningún momento tiveron "apoio nin preucupación por parte de ningunha institución".

 

 Prema o arquivo adxunto para ler o comunicado íntegro.