Victorias do Arenteiro en Melias e do Maside ante o Taboadela

9, Outubro 2011

Xornada redonda para os dous representantes do fútbol comarcal na 1ª autonómica. O Arenteiro lograba unha traballada victoria no campo do Melias con goles de Iglesias e Dabarca, mentres que os masidaos conseguian no Outeiro Grande ganar o primeiro partido da liga ante o Taboadela. No campo de terra e reducidas dimensións da Abelleira de Melias, e noutra tarde de bastante calor, o Arenteiro foi xusto vencedor do partido, aínda que nos últimos minutos os locais dispuxeron de dúas claras ocasións para alomenos empatar o encontro. Os carballiñeses poideron resolver o partido moito antes, atá en catro ocasións os postes e o longueiro impediron que o Arenteiro tomase unha clara ventaxe no marcador tralo primeiro gol de Iglesias, que aproveitandose dun balón largo á area enviado por Viñas,  vaise de dous defensores locais, fai un magnífico control co pé e cruza ao fondo da portería do Melias. Os locais empatarían máis tarde grazas a un dubidoso penalti que transformou para o Melias Mazorra. E tería que ser a balón parado, xa na segunda parte, cando o Arenteiro consiguise desnivelar o marcador, desde unhos 30 metros Dabarca lanzou un "zambonbazo" que se colou na porteria local, malia que o cancerbeiro Aarón chegou a tocar o balón, non foi suficiente para impedir o que sería o gol da victoria dos carballiñeses.  O próximo partido de liga para o Arenteiro será tamén a domicilio, visitando ao Taboadela, antes o mércores 12 enfrontaráse ao Barbadás da preferente en Espiñedo,  na eliminatoria a partido único da Copa Deputación.

Mentres, o Maside lograba unha meritoria victoria ante o Taboadela, equipo que chegaba ao Outeiro Grande como co-lider da categoria. Os masidaos consiguen asi o primeiro triunfo da competición ligueira.

RESULTADOS DA 6ª XORNADA

J6 Maside CF 1 - 0 UP Taboadela
J6 Ponte Ourense SAD 1 - 1 AT Villarino
J6 CD Allariz 0 - 1 SD Nogueira Ramuin
J6 CF Monterrey 2 - 1 A Peroxa CF
J6 CF Cortegada 0 - 1 CD Ramiranes
J6 Poligono San Ciprian 1 - 1 SD Valenza
J6 CD Maceda 1 - 5 AD Covadonga
J6 SD Melias 1 - 2 CD Arenteiro

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 16 6 5 1 0 12 3
2 AD Covadonga 13 6 4 1 1 20 11
3 SD Nogueira Ramuin 12 6 3 3 0 11 6
4 CD Velle 12 6 3 3 0 9 5
5 UP Taboadela 11 6 3 2 1 10 6
6 A Peroxa CF 10 6 3 1 2 11 6
7 SD Valenza 9 6 2 3 1 6 4
8 Ponte Ourense SAD 9 6 2 3 1 7 8
9 CD Ramiranes 8 6 2 2 2 9 6
10 CD Allariz 8 6 2 2 2 7 6
11 CF Cortegada 6 6 1 3 2 7 9
12 SD Melias 5 6 1 2 3 8 7
13 Maside CF 5 6 1 2 3 6 10
14 CF Monterrey 5 6 1 2 3 8 17
15 Poligono San Ciprian 4 6 0 4 2 5 7
16 UD Barbadas B 4 6 1 1 4 4 11
17 CD Maceda 3 6 0 3 3 5 15
18 AT Villarino 2 6 0 2 4 7 15