A vila de Cea celebra as festas da Saleta amenizadas coas mellores orquestras de Galicia
A Orquestra Paris de Noia abríu na noite deste pasado xoves a programación festiva, que continúa ata o lúns dia 24.
A Praza Maior de Cea convértese no escenario das verbenas, o plato forte da programación festiva deseñada pola comisión de festas, que repite na organización por segundo ano consecutivo tras a exitosa experiencia do ano pasado.
O venres 21 actúa a Orquestra Philadelphia e "La Década Prodigiosa". O sábado 22 amenizan a xornada a Charanga Ardores e os Gaiteiros Melidaos, e na verbena alternarán a Orquestra Gran Parada e o grupo La Oca. Para o domingo están programados concertos da Banda de Música de Celanova, que ademáis acompañará a procesión e a misa solemne na capela da Nosa Señora da Saleta e na verbena estarán Panorama e Océano. E xa finalmente, o lúns estará en Cea a Banda de música de Arcade e a verbena contará coa Orquestra Olympus.
As festas da Saleta terán este ano un orzamento próximo aos 75.000 euros. As familias de Cea achegan a través das aportacións veciñais arredor dos 40.000 euros, algo máis de 20.000 euros esperanse obter como beneficios do bar da comisión de festas, completandose o orzamento coa cuota que abonan as atraccións festivas e outros ingresos que consigue a comisión de festas mediante a organización de diversas actividades. O Concello de San Cristovo de Cea achega unha subvención de 1.000 euros.