Vilatuxe chora polos dous mozos mortos en accidente de tráfico cando regresaban do Carballiño
A capela ardente quedou instalada no auditorio de Vilatuxe, esta localidade dezana da que eran veciños Alberto Silva e Eulogio López, de 24 e 25 anos de idade respectivamente, as dúas victimas mortais do accidente de tráfico ocurrddo na mañá deste domingo na estrada O Carballiño-Lalín, á altura da localidade de A Xesta, e cando regresaban ós seus domicilios despois dunha noite de marcha no Carballiño. O vehículo no que regresaban a Vilatuxe, un seat león, saíuse da calzada pola marxe esquerda tras unha curva moi pechada e chocou contra unha árbore, o que provocou que o turismo rebotase e acabase nun terraplén. As dúas vícitmas mortais faleceron no acto mesmo do accidente, no que resultou con feridas leves unha terceira persoa, unnha moza que pudo saír do automóbil polo seu propio pé e dar aviso ós veciños da zona. Tra-lo aparatoso accidente, foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcelar ós dous cadáveres.