Voluntarios da Asociación Miñoto Ribeiro e a Plataforma Berán no Camiño traballan na limpeza e desbroce do camiño

4, Decembro 2020

Voluntarios dos dous colectivos, da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro e a Plataforma Berán no Camiño, están levando a cabo traballos de limpeza e desbroce no tramo Beade-Berán-Lebosende do "Camiño da Geira-Arrieiro", unha via de peregrinaxe xacobea recoñecida "por resolución do Arcebispado de Compostela dende Marzo de 2019, recordan dende ambos colectivos, que manteñen diverxencias coa asociación impulsada polos concellos que promoven esta mesma ruta, xa que no trazado "oficial" deixaron fora este tramo que atravesa a parroquia de Berán, e que propiciou precisamente a creación da plataforma "Berán no Camiño", que conta co apoio da asociación creada fai anos para reivindicar esta ruta xacobea que partindo dende a cidade portuguesa de Braga percorre as comarcas do Ribeiro e O Carballiño en dirección a  Terra de Montes.

Ademáis, están a ultimar o proxecto de sinalización deste mesmo tramo Beade-Berán-Lebosende, e anuncian que están a traballar nun programa de actividade cara  o Ano Xacobeo 2021 "ademáis de seguir investigando no denso patrimonio histórico-artístico deste itinenarario do camiño da Geira-Arrieiro".