Xa están a venda as entradas e camisetas conmemorativas: A marea verde prepárase para a gran final deste domingo no Estadio do Couto
Club Deportivo Arenteiro xogará este vindeiro domingo dia 7 de Xuño no Estadio do Couto de Ourense, ás seis e media da tarde, a final da Copa Deputación 2014-2015 ante a Sociedade Deportiva Bande.
Será a cuarta vez na historia do club en acceder a gran final deste torneo, que so gañou o Arenteiro no ano 2002 ante a SD Nogueira de Ramuín, xa que perdería as outras dúas finais, as de 2005 e 2007 ante Verín e Barbadás.
Xa están á venda camisetas conmemorativas, que poden adquirirse en Café-Bar Soldado, Fútboleros Carballiño, Café-Bar Caserío, e no Stand da Praza Maior de 7 a 9 da tarde, e nestes mesmos lugares realizase a venda anticipada de entradas, que teñen un coste de 7 euros. Os rapaces dos equipos do fútbol base da Escola Municipal de Fútbol terán entrada gratuíta.
Para facilitar o desplazamento de afeccionados ata Ourense, o concello do Carballiño pon a súa disposición autocares gratuítos con saída ás cinco da tarde desde a Igrexa da Veracruz.