"Xantar" celebra este venres o dia dedicado ao Xeodestino Turístico O Ribeiro-O Carballiño
O polbo á feira foi a estrela na xornada inaugural deste pasado mércores dia 6 e volveao a ser este venres dia 8 de Febreiro con motivo do dia que Xantar dedica ao Xeodestino Turístico O Ribeiro-O Carballiño, que agrupa aos 21 concellos das dúas comarcas.
Desta vez no marco do Salón Internacional Gastronómico "Xantar" en Ourense, o xeodestino proxectará o vídeo estreado recentemente en FITUR "Sabor Propio".
Ademáis do prato máis representativo da gastronomia intercomarcal, o polbo á feira do Carballiño, o Xeodestino tamén promociona outros productos que forman parte da identidade gastronómica, como aqueles amparados pola Denominación de Orixe Ribeiro, en especial os viños, asi como outros productos con indicación xeográfica protexida como o pan de Cea ou os pementos verdes da Arnoia.