Xefe da Policia Local: "fixemos 500 controis durante a mañá e escoitamos 500 boas excusas". O alcalde Fumega advirte que comezarán multar a quen incumpra o confinamento.
"Continúa habendo moita xente polas rúas, moita máis da que debera", dixo en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega.
O rexedor advirtíu a toda a veciñanza que "non haberá máis remedio que comezar a multar, e imos comezar a facélo a todas aquelas persoas que non cumplan coa obriga do confinamento".
O concello agradece á veciñanza o cumprimento estricto das medidas impostas para evitar a transmisión do coronavirus, e cuxa principal norma é “QUEDAR NA CASA”, evitando as saídas dos domicilios ao mínimo indispensable para mercar alimentos, buscar medicinas na farmacia ou por traballo.
E lembra unha vez máis que "a loita contra o coronavirus é unha responsabilidade de todos e todas, e canto menos salgamos á rúa, e adoitemos todas as medidas preventivas anunciadas polas autoridades, menos posibilidades de contaxio haberá, ata que se consiga parar por completo a transmisión".
500 controis durante a mañá
Éste é o cálculo de Francisco Valeiras, o Xefe da Policia Local do Carballiño "paramos a 500 automobilistas e peóns e esto só dende primeira hora da mañá ata primeira hora da tarde, paramos a 500 persoas e escoitamos 500 boas excusas".
A Policia Local avisa que van cmezar a facer algunhas comprobacións sobre aquelas persoas que poidan estar vulnerando a orde de restricción de mobilidade, e fixo un chamamento á responsabilidade á toda a poboación para cumplir as normas do estado de alerta.