Xociviga baixa o telón tras constatar un repunte na asistencia de público
A 31 edición das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia "destacaron este ano polo significado incremento de participación e asistencia do público tanto nas sesións cinematográficas como nas actividades paralelas", apuntan dende a organización.
O programa destas actividades tíñanse iniciado tempo antes coas proxeccións do rural, unha iniciativa apoiada e en colaboración coa Federación das Asociacións de Veciños do Carballiño, e que, dado o excelente resultado desta primeira tentativa, preténdese non só repetir a experiencia senón ampliala de cara as próximas edicións.
Alfonzo Zarauza presentou a súa película "Encallados" nas XOCIVIGA, no auditorio da Veracruz e o pasado sábado , realízabase no Carballiño a preestrea da súa outra película, "Os fenómenos", que nos próximos días será presentada no Montreal World Film Festival (Canadá) e será a partir de outubro cando se inicie a distribución comercial.
A presencia de LAURO ANTONIO
Un dos clásicos da cinematografía portuguesa, Lauro Antonio, estivo presentando o seu film "Manhá submersa" o primeiro film que se exhibira nas XOCIVIGA na primeira edición no ano 1984 e que foi unha das producións de referencia para os cineastas galegos de aqueles mementos
ENCONTRO DE PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL DE GALICIA E PORTUGAL EN XOCIVIGA
Profesionais do sector do audiovisual de Galicia e Portugal mantiveron un encontro no marco das XOCIVIGA no que estableceron unhas líneas básicas de colaboración e participación en proxectos conxuntos que teñen que ver coa formación sobre a realización, montaxe e produción, dentro dos programas dos festivais de cine, e o intercambio de iniciativas que inclúan a promoción da distribución e exhibición das cinematografías galegas e portuguesa en ambos os dous países, comezadas este ano coa colaboración do Festival Internacional de Braga (BRAGACINE) e o Festival Internacional de Curtametraxes de Évora (FIKE).
CONCURSOS
MARCOS NINE ganador do Premio ao Mellor Curtametraxe "en 5 minutos" das XOCIVIGA_2014
O xurado calificador do concurso de curtametraxes XOCIVIGA 2014 formado por:
-Manolo González, investigador e experto do audiovisual galego
-Severiano Casalderrey, Director do Festival Didáctico de Cine de Animación (ANIRMAU)
-Artur Barros, Director do Festival Internacional de Cine Independiente de Braga (BRAGACINE)
e Anxo Santomil como representante das XOCIVIGA
unha vez revisadas as bases da convocatoria do concurso publicada por XOCIVIGA, acordou conceder os seguintes premios:
-1º Premio ao mellor curtametraxe "en 5 minutos" XOCIVIGA_2014 a "O IMAXINARIO INFANTIL" de Marcos Nine
-Premio á mellor idea orixinal á curtametraxe "NOSTRUM" de Iris Justo
-Premio ao mellor curtametraxe "2 minutos en móbil" á curtametraxe "MEU PAI" de María Fondado
-Premio do Público "A NOITE DA VÉSPERA" de Jesús Soto Filloy
AIDA PAZ IGLESIAS GANADORA DO 1º PREMIO DO CONCURSO DE FOTOGRAFIA XOCIVIGA 2014
O xurado calificador do concurso de fotografía XOCIVIGA 2014 integrado por:
-Manuel Blanco Guerra da Asociación Fotográfica Potiños
-José Luis Fernández da Asociación PhosGalicia
-Carlos Vázquez, fotógrafo profesional
e Anxo Santomil como representante das XOCIVIGA
Unha vez revisadas as bases da convocatoria do concurso publicada por XOCIVIGA e despois dunha selección previa, acordou conceder os premios seguintes:
-1º Premio á fotografía titulada "LIBERTAD" da autora Aida Paz Iglesias
-2º Premio á fotografía titulada "SEN TÍTULO" da autora Olalla Rodríguez Soutullo
-Mellor fotografía sacada con móbil á fotografía titulada "O MUNDO AO REVÉS" do autor Jose Alfonso Rodríguez Romero