Xociviga celebraráse do 10 ao 13 de setembro
O Concelleiro de Cultura do Carballiño confirmou a celebración das "Xornadas de Cine" para o vindeiro mes de setembro, as datas que se manexan son as do 10 ao 13 dese mes, nos dias previos ás festas do setembro. Rodrigo González manifestou que "en ningún momento desde o grupo de goberno, nin desde prensa do Concello, nin desde a área de cultura se dixo que non se ían celebrar "o único foi un cámbeo de data, que incluso se plantexou facélas máis tarde, en outubro, aínda que finalmente houbo dous aspéctos que nos fixeron levalas a setembro, que máis tarde coincidirían con festivais tan importántes como o de Ourense, e as datas previas ás festas pareceunos ideais porque prolongan as actividades durante o mes de setembro".
O Concelleiro de Cultura tamén adiantou que para a organización de esta actividade conta coa colaboración do "Cine-Clube Carballiño". A ausencia das Xociviga da programación cultural do mes de agosto foi, semanas atrás, criticada polo grupo municipal socialista, que amosara a súa preocupación porque esta actividade chegara a desaparecer xa "que non sería de rebibo deixar que se perdera, as xociviga fan tradicionalmente no mes de agosto da nosa vila o centro do audiovisual galego gracias ao prestixio acadad polo traballo de moita xente", lembraban os socialistas.