As XOCIVIGA cumplen 30 anos recuperando parte da súa historia

21, Agosto 2013

( Redaccion. Estefanía Bernárdez ) As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, organizadas polo Concello do Carballiño, chegan a súa trixésima edición que estará coordinada por Anxo Santomil.

Tal como se manifestou na presentación das Xornadas, as XOCIVIGA 2013 teñen o obxetivo de marcar o camiño de cara ao certame do vindeiro ano. “O audiovisual galego ten recoñecemento internacional e a evolución das XOCIVIGA non se corresponde coa realidade” declaraba Anxo Santomil.

 O coordinador desta edición tamén manifestaba que “a intención é volver aos inicios apoyando a creación e a recuperación do patrimonio audiovisual. Sería interesante establecer unha base do que terían que ser”, “hai que promover ós novos talentos e creadores galegos, que temos de sobra”.

 As novidades deste ano son as dúas sesións de cine ao aire libre que serán na nova praza do Templo da Veracruz. Alí mesmo comezarán as Xornadas o venres 23 ás 23:00 coa proxección de “O Apóstolo”,  e tamén terá lugar unha charla co seu director, Miguel Cortizo.

 Este ano non haberá debates nin mesas redondas, e todas as proxeccións serán no Auditorio municipal, agás as dúas sesións ao aire libre. A entrada será de 2€ por película, pero tamén se porán a venta uns bonos de 3€ que servirán ou ben para ver dúas películas ou para dúas persoas na mesma filme. Este ano o cine infantil tamén será de pago, cos mesmos prezos. Toda a información e o programa pódense consultar nos seguintes enlaces: http://www.carballino.org/xociviga/ e http://www.carballino.org/xociviga/wp-content/uploads/2013/08/programa_w...

 “O presuposto desta edición ronda os 18.000€ incluíndo todo. Son 4.000€ máis que o ano pasado, pero coas subidas do IVA e sendo máis días, fan falta” decía o concelleiro de cultura, Rodrigo González. “Pretendemos que o prezo da entrada sexa case simbólico, poñemos un cine de calidade case gratuito”.

 As homenaxes conservaranse e este ano estarán adicadas a Manolo González, quen impulsou a creación das XOCIVIGA e a Manuel Iglesias Nanín, coordinador das Xornadas entre 1998 e 2001.