Xosé Benito Siero xubílase como párroco de San Cibrán do Carballiño, tras 28 anos ao fronte da parroquia
Chegaba a O Carballiño en 1992, asi que agora e tras 28 anos de exercio sacerdotal ao fronte da parroquía de San Cibrán do Carballiño, Xosé Benito Siero xa fixo efectiva a xubilación canónica ante o Bispado da diócese de Ourense.
E chegara a O Carballiño con polémica, xa que a algúns feligreses non lles gustaba que o novo cura utilizara a lingua galega nas celebracíóns relixiosas, o que motivara que outros feligreses sairan en apoio do párroco promovendo unha recollida de sinaturas reivindicando a lingua galega nas misas da Veracruz.
"Son 88 anos e xa son horas de xubilarse, é lei de vida" dixo o xa exparroco en COPE O Carballiño, que fixa a súa nova residencia na cidade de Vigo, para estar xunto á súa familia. O concello do Carballiño anunciara no pasado mes de Xuño que estaba preparando unha homenaxe para recoñecer os seus 28 anos de relación co Carballiño, unha homenaxe que podería facerse coincidir coa festividade do patrón da parroquia do Carballiño, San Cibrán, o próximo dia 17 de Setembro.