A xoven ingresada no CHOU con síntomas sospeitosos da nova gripe "presenta unha moi boa evolución"
A xoven, de 21 anos de idade, segundo caso que se investiga en Galicia, como posible afectada pola nova gripe, nova denominación que a Organización Mundial da Saúde aconsella para referírse a partir de agora a gripe porcina, permanece ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense, e presenta unha "moi boa evolución", según confirmaron portavoces hospitalarios. A xoven-como adiantou COPE O CARBALLIÑO- regresou despois dunha viaxe a México este pasado lúns, e acudiu este mércores o "CHOU" con síntomas de gripe , polo que se ordenou o seu ingreso hospitalario. Atópase aillada e recibe tratamento antiviral. A Consellería de Sanidade emitíu un comunicado no que asegura que a paciente, veciña de Ourense, non reviste gravidade.
No centro sanitario tomaron as mostras oportunas , que xa foron remitidas ó Instituto Carlos III de Madrid para a súa análise, un trámite que tardará entre 48 e 72 horas, e será entón cando se confirme ou descarte esta posiblidade. Ningún dos 10 casos atá agora positivos en España se deu en Galicia. As Autoridades Sanitarias non descartan a aparición de posibles novos casos en vindeiros dias na provincia de Ourense, tendo en conta o gran número de emigrantes residentes no país mexicano. No programa " A Mañá de Cope O Carballiño", O Alcalde de Boborás e médico no centro de saúde deste Concello, Cipriano Caamaño, asegurou que o sistemas sanitarios español e galego están suficientemente preparados para facer fronte a situacións como a que está a presentarse e de ningún modo " é necesario nin aconsellable caer no alarmismo".