A Xunta aborda cos responsables do goberno municipal do Carballiño a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia

19, Febreiro 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse na sede de San Caetano co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o primeiro tenente alcalde Pepe Castro-Gil, cos que abordou a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia.

Ademais, o representante de Cultura do Goberno galego e os responsables municipais deste concello analizaron posibles colaboracións para impulsar, modernizar e facilitar a accesibilidade en diferentes equipamentos  culturais do municipio, dentro da estratexia de melloras destas infraestruturas que está a levar a cabo a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.