A Xunta achega 71.257 euros para a mellora da iluminación pública no polígono da Uceira
O Grupo municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño, ven de comunicar que no Diario oficial de Galicia de hoxe luns 26 de outubro, publicase unha resolución do 23 de setembro de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, dentro do marco denominado “actuacións para infraestructuras en polígonos industriais” na que se concede unha axuda que vai facer posible unha demanda dos empresarios do Polígono da Industrial da Uceira, a mellora da iluminación pública nesta zona industrial.
A aportación da Xunta de Galicia para a execución deste Proxecto é de 71.257,67 €.
Dende o Grupo Popular do Carballiño, insístese na boa disposición da Xunta de Galicia coas solicitudes que se presentan dende o Carballiño, sendo esta unha nova mostra.
Finalmente, o Grupo municipal do Partido Popular, aprovéita esta ocasión para recordarlle ao Equipo de Goberno, que se deben de recuperar as conversas que o Partido Popular do Carballiño iniciara cos promotores e constructores para darlle un novo impulso a este sector "con vistas á promoción conxunta do Carballiño e das das súas vivendas, iniciativa ésta, a que dende o Concello se lle fixo caso omiso, e que por parte dos empresarios do sector fora moi ben recollida".