A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-212 entre Beariz e o desvio de Couso
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción de proxecto de acondicionamento da estrada autonómica OU-212, ao seu paso polo concello de Beariz, no treito que vai ata o desvío do núcleo do Alto de Couso. O contrato foi adxudicado á empresa Diagrama Ingenieria Galicia S.L. por máis de 18.000 euros.
O adxudicatario conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto. Esta actuación ten como obxectivo a execución das obras de ensanche e mellora do tramo da citada estrada, comprendido entre Beariz, no punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Alto de Couso, no quilómetro 12+320. A redacción do proxecto tamén deberá valorar a rectificación de curvas nas zonas onde sexa necesario.
Este novo traballo contratado polo departamento de Infraestruturas da Xunta seguirá, en liñas xerais, o mesmo criterio de deseño das obras executadas no seu momento entre o desvío de Couso e Avión, no punto quilométrico 20+540.