A Xunta aproba a colaboración co concello de Boborás para renovación de abastecemento, saneamento e pluvias en Brués. A obra ten un orzamento de 385.000 euros.

30, Setembro 2021

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Boborás para a execución das obras de mellora das redes municipais de abastecemento, saneamento e pluviais no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, contribuirá ao financiamento das actuacións co 80% do orzamento, 308.000 euros, achegando o Concello o 20% restante. Ademais, correspóndelle a entidade local a execución das obras, así como o mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo. As obras consisten na construción dun novo tramo de rede de augas pluviais e na renovación das instalacións vinculadas á auga na travesía da N-541 ao seu paso polo núcleo de Brués, incluindo a reposición de beirarrúas.