A Xunta aproba o escudo e bandeira municipais do concello de Maside
Maside convertese asi nun dos primeiros concellos galegos en adaptar os seus símbolos á nova normativa autonómica.
O decreto que regula os símbolos das entidades locais foi aprobado no Consello da Xunta no ano 2010, e refundiu nunha única norma legal toda a anterior regulación normativa da nosa comunidade na materia de heráldica, facendo así máis áxil e eficiente a elección e aprobación dos símbolos das entidades locais de Galicia, preservando ao máximo o principio da autonomía municipal e establecendo unha nova regulación da súa organización e funcionamento; evitando duplicidades, e empregando unha linguaxe non sexista.
Outro dos aspectos salientables do decreto é que establece amplamente as prohibicións de utilización dos símbolos. Neste sentido, quedan prohibidos os non fosen aprobados polo Consello da Xunta ou que incorporen no seu deseño siglas, anagramas ou logotipos de partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e demais asociacións e entidades privadas. Tamén prohibe aqueles outros que impliquen vulneración dos principios constitucionais, lesionen dereitos fundamentais, fomenten ou inciten á violencia en calquera das súas manifestacións ou transmitan mensaxes discriminatorias ou degradantes da imaxe da muller.
Segundo establece o decreto, os plenos das entidades locais teñen a facultade de adoptar por maioría absoluta os acordos relativos á adopción, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais a través de dous procedementos: que o Concello solicite a elaboracións das correspondentes propostas á Comisión de Heráldica da Xunta; ou que sexa o mesmo concello o que elabore a súa proposta. En ambas opcións, trala aprobación no pleno da proposta, se somete a información pública, remitíndose o expediente á Comisión Heráldica e aprobándose polo Consello da Xunta.
A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta, dependente da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e as súas funcións son a emisión de informes vinculantes nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais galegas; elaborar propostas en tales procedementos e asesorar aos órganos da Xunta, corporacións locais e entidades públicas ou privadas que soliciten o seu ditame.
Os símbolos de Maside na Heráldica e na documentación histórica ( Por Xosé Ricardo Rguez Pérez )
Os colores que acollen o escudo e bandeira municipais de Maside son: o ouro que amén de sinalar o valor antigo e arquitectónico dos dous edificios, Casa do Concello e ponte, está a representar o mineral aurífero que chegaran a explotar os romanos.
O sínople (verde) do fondo, que representa os espacios naturaís protexidos das Grovas (Puzo do Lago) e da Rañoa, a máis do medio ambiente e das árboredas que dominan as antigas Terras de Maside.
Os lións engulados e uñados, manchados en gules que representa o sangue que verteron os masidaos, admirable a súa resposta en loita pola supervivencia e para erguer un país independente rescatandoo das mans gabachas, chegando a ter a Xustiza de Maside exército guerrilleiro propio dirixido polo masidao de Garabás ‘Labrador’, que se ata a explusión dos franceses das Terras de Maside exerceo como tal. Guerrilleiros que logo se sumaron á ‘Legión del Ribeiro’ participando, primeiro en escorrenta-los franceses de Ribadavia, e logo en axuda a ‘Cachamuiña’ para liberar Vigo.
A ponte é a de San Fiz, igualmente en ouro (amarelo), que está no Camiño Real Ourense-Pontevedra pola Costiña de Canedo, e no seu entorno tivo lugar unha das batallas da X. de Maside contra as tropas do francés mariscal Soult. As ondas en azur (azul) e prata, están a representar as augas do río Barbantiño baixo a dita ponte, que fai de separación natural entre As Terras de Maside e as do Chaos de Amoeiro, e tamén o manantial de augas minero-medicináis de A Rañoa.
A torre, tamén en ouro (amarelo), simboliza o mérito de quenes ergueron o edificio consistorial no 1847, na que se ven representados tódolos masidaos, e tamén simboliza o mérito e valor do reloxo que fora do Mosteiro de Oseira, gargado en tan privilexiado berce.