A Xunta colaborará na obra de acondicionamento do Campo da Feira de Leiro
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co concello de Leiro para executar unha actuación de acondicionamento e mellora de espazos públicos para uso común, según o acordo de colaboración que asinaron a titular deste departamento autonómico Angeles Vázquez e o alcalde da localidade, Francisco J. Fernández Pérez.
En concreto e segundo consta no convenio de colaboración os traballos consistirán no acondicionamento da contorna do Campo da Feira municipal, unha actuación cun custo estimado de 57.773,10 euros, dos que o 70% -40.441,17 euros- serán financiados pola Consellería de Medio Ambiente e o 30% restante -17.331,93 euros- pola propia entidade local.