A Xunta de Galicia impulsa a mellora dos accesos ao parque empresarial de San Cristovo de Cea cun apoio de preto de 120.000 €
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron o parque empresarial de San Cristovo de Cea con motivo da actuación de mellora das infraestruturas viarias levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia.
En concreto, a Administración galega achegou preto de 120.000 euros (o 80%) para un proxecto no que se investiron preto de 150.000 euros.
O de San Cristovo de Cea foi un dos 42 proxectos apoiados en Galicia para a mellora de infraestruturas en parques empresariais. En concreto, na provincia de Ourense concedéronse nove axudas, todas en concellos emprendedores, que supuxeron un investimento total de máis de 700.000€.