A Xunta declara a Cortegazas como nova aldea modelo, a actuación abrangue unha superficie de 15,11 hectáreas

24, Agosto 2022

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de resolver a declaración de nova aldea modelo, no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Trátase de Cortegazas, no concello de Avión, que abrangue 15,11 ha, repartidas en 727 parcelas de 99 propietarios.

A nova aldea modelo de Cortegazas decláranse en colaboración co concello de Avión, encóntrase situada nunha zona de alto risco de incendios (ZAR) e adherido ao sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Cabe lembrar que o obxectivo principal desta figura -a aldea modelo- recollida na Lei de recuperación é devolver á produción terras con boa aptitude agronómica que se atopen en estado de abandono ou infrautilización, impulsando deste xeito nova actividade económica agroforestal que non só fixe poboación e xere riqueza na contorna, senón que -ao tempo- reduza o risco de incendios forestais e mellore a calidade de vida dos veciños dos núcleos que se busca poñer en valor.