A Xunta decreta o estado de emerxencia en Galicia: péchanse ao público bares, restaurantes, comercios e locais de ocio. Poderán abrir farmacias, tendas de alimentación e gasolineiras.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este venres que a partir das 0 horas deste sábado dia 14 de Marzo, toda Galicia entra en estado de emerxencia polo COVID 19, con distintas medidas para enfrontarse á pandemia.
Como consecucencia desta situación absolutamente excepcional e sen precedentes na nosa terra, o presidente do goberno galego tivo unha comparecencia posterior a unha reunión extraordinaria co goberno autonómico e sinalou que as respostas han de "ser miméticas e uniformes en todos os lugares", e mesmo poderán ordear confinamentos.
Ao activarse o plan territorial de emerxencia, Feijóo, que asumirá a coordinación do mesmo, indicou que "estamos nunha situación nova e descoñecida, e o mellor e o máis efectivo é que a xente quede na súa casa".
As medidas acordadas pola Xunta serán trasladadas mediante os medios de comunicación ao conxunto da cidadanía, inclúen nos casos de necesidade evacuación e asistencia social, asi como todo o control de accesos e seguridade cidadán.
Ademais, dende este sábado péchanse aos público bares, cafeterías e restaurantes, pero poderase prestar servizo de entrega a domicilio e recollida en local coa permanencia estritamente necesaria para facilitar a recollida.
A medida complétase co peche de salas de festas, discotecas, pubs, albergues do Camiño de Santiago, polideportivos ou piscinas
Non quedan afectados os establecementos hostaleiros sempre que se destinen aos clientes dos mesmos. Tampouco estarán afectados os comercios minoristas considerados de primeira necesidade como farmacias, peixarías, carnicerías, panaderías, froiterías, gasolineiras ou quioscos.
No caso das grandes superficies, poderán permanecer abertos ao público os establecementos de alimentación.
O presidente da Xunta lembrou á cidadanía a importancia de quedarse na casa: "Quen teña síntomas está obrigado a quedarse na casa e o que non os teña é recomendable que o faga tamén", expresou Feijóo nesta mensaxe a toda a cidadanía galega.