A Xunta destina 70.000 euros á mellora do abastecemento e depuracion de augas residuais, e estuda colaborar noutras necesidades de San Amaro
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o concello de San Amaro, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Fernando Redondo, para analizar e facer repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia, entre elas, a cuberta do Centro de Saúde.
Tras a reunión, o delegado territorial visitou as obras de mellora do abastecemento e do sistema de depuración que se están a desenvolver grazas ás axudas concedidas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, por importe superior aos 70.000 €. Concretamente, a Xunta concedeu ao Concello de San Amaro unha axuda de máis de 21.000 euros para a mellora do abastecemento no municipio; e outra por importe de 49.210 euros para a conexión da rede de saneamento e depuración do lugar das Viñas á rede das Casas Novas.