A Xunta esperará ó acordo municipal para retomar as obras da Veracruz
A solución definitiva chegará, moi probablemente, coa redacción dun novo proxecto, que sexa de consenso municipal, será entón cando a Xunta retomará as obras no entorno da Veracruz. Foi éste o compromiso que o Conselleiro de Medio-ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, transmitíu á comitiva municipal integrada polo Alcalde Carlos Montes, O Concelleiro de Obras, Manuel Amil, e o Portavoz do Partido Popular Argimiro Marnotes. Tras esta reunión, quedou claro que atá que se chegue a ese acordo que deberá promover o propio concello, non se acometerá o proxecto para o acondicionamento deste praza. O Conselleiro reiterou que desde a adminstración autonómica sempre se actuou desde a colaboración e o diálogo, e recordou como o pasado 14 de setembro a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas xa se desplazarara atá O Carballiño para atender as reclamacións dos gobernantes municipais. Tamén lembrou Hernández que o proxecto que se estaba a executar foi aprobado polo Concello, previo informe favorable da comisión territorial de patrimonio. Trala reunión có Conselleiro, os 3 portavoces dos grupos políticos carballiñeses que se desplazaron atá Santiago, xantaron xuntos, e acordaron seguir colaborando conxuntamente, agora, para buscar ese consenso que permita a continuidade das obras, que estaban adxudicadas en 1,1 millóns de euros.