A Xunta garante aos alcaldes da comarca do Carballiño o mantemento das dúas prazas de pediatría coas que conta o centro de saúde carballiñés, nun encontro ao que tamén asistíron representantes da Plataforma que ven reivindicando o servizo.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo este venres unha reunión cos alcaldes e alcaldesas da comarca do Carballiño e unha representación da Plataforma Cidadán Pola Defensa da Sanidade Pública do Carballiño, un encontro no que se comprometeu a manter as dúas prazas de Pediatría coas que conta na actualidade o centro de saúde do Carballiño, según recolle a Consellería de Sanidade nun comunicado feito público posterior a esta reunión celebrada en Ourense.
A reunión chega tras a celebración o pasado domingo dunha manifestación polas rúas do Carballiño convocada pola Plataforma e a que asistiron unhas 1.500 persoas, anteriormente este colectivo remitíu ao conselleiro 8.541 sinaturas nas que se pedía a reposición do servizo coas dúas prazas de pediatras, que son as que ten asignadas o centro sanitario carballiñés, que atende tanto a poboación infantil do Carballiño como do resto dos concellos da comarca, unhos 2.300 nenos e nenas.
Segundo explicou o conselleiro aos rexedores e aos representantes da Plataforma pola defensa da Sanidade do Carballiño, unha destas prazas será cuberta de xeito inmediato, dado que tras ser ofertada no concurso de méritos -sen exame- convocado pola Xunta, esta xa dispón de candidato e “en cuestións de semanas estará cuberta cunha praza en propiedade”. A segunda das prazas ofertadas polo Servizo Galego de Saúde está polo de agora vacante á espera de ser asignada. É, por tanto, salientou o conselleiro, “unha praza que seguirá sendo ofertada a calquera médico especialista en Pediatría que queira ocupala”. No entanto, abundou o conselleiro, a atención pediátrica queda garantida no centro de saúde do Carballiño, ao contar con médicos de familia especializados en atención puericultura, e que agora xa se atopan traballando no centro.
“Se hoxe alguén solicita unha cita de Pediatría neste centro de saúde, obterán unha cita para o mesmo día de hoxe”, subliñou Comesaña. Durante a xuntanza, na que o conselleiro estivo acompañado polo xerente da área sanitaria ourensá, Félix Rubial; o titular de Sanidade reiterou que a Xunta manterá a atención con especialistas habilitados para esta especialidade.
De feito, puntualizou Comesaña, neste intres o centro conta cunha profesional especializada en puericultura que traballar a tempo completo e que, en función da demanda, o Sergas dispón doutro profesional para dar resposta as necesidades asistencias. Neste senso, o máximo responsable da Sanidade galega trasladou o firme compromiso da Xunta, tanto a nivel de recursos humanos como de infraestruturas sanitarias, para a poboación da comarca do Carballiño