A Xunta impulsará un espazo comarcal coworking no Carballiño para novas iniciativas empresariais
Os novos emprendedores das comarcas do Carballiño e O Ribeiro contarán en breve cun novo espazo coworking que se ubicará no Carballiño, favorecendo as iniciativas empresariais dos novos emprendedores. Asi o anunciou hoxe o conselleiro de Economia, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, no transcurso dunha visita ao programa a parada en camiño da Innovación en Ribadavia.
A rede de espazos coworking promovida pola Xunta a través do Igape e a EOI forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica e que permitiu nos últimos cinco anos impulsar máis de 1000 proxectos emprendedores en todo o territorio. Dentro desta plataforma de apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good Galicia.