A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas de promoción pública na avenida de Compostela do Carballiño
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou o procedemento para a adxudicación dun total de cinco vivendas de promoción pública vacantes no concello do Carballiño En todos os casos, trátanse de inmobles que xa foran adxudicados con anterioridade e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) asigna de novo unha vez devoltos polos anteriores moradores.
En concreto, adxudicaranse cinco inmobles emprazados na avenida de Compostela. Catro dos mesmos contan con tres dormitorios e o quinto dispón de dous. Os inmobles serán adxudicados a través dun sorteo, que se levará a cabo este xoves 13 de maio entre os que estiveran inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia na data de inicio do procedemento.
A lista de adxudicatarios e reservas resultantes dos sorteos publicarase na web do IGVS e no taboleiros de anuncios do concello do Carballiño.