A Xunta intervén a residencia de maiores de Leiro, afectada con 83 casos de coronavirus "para garantir a protección da saúde de usuarios e traballadores"

22, Xaneiro 2021

As Consellerías de Sanidade e Política Social veñen de acordar a intervención da residencia de maiores "Quercus" de Leiro ante a situación neste xeriátrico, afectado por un foco de coronavirus que alcalnza a un total de 83 persoas, 68 usuarios e 15 traballadores.

A Xunta, con esta medida, pretende "reforzar ao personal do centro e garantir a calidade asistencial, asi como a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como dos traballadores".