A Xunta mantén o servizo do Polo de Emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño, para asesorar ás persoas emprendedoras. Escoita aquí a entrevista ao técnico Javier Pegito.

21, Novembro 2024

Polos estudios de COPE O Carballiño pasou o técnico do Polo de Emprendemento, Javier Pegito, un servizo da Xunta de Galicia que está ubicado no antigo Centro Comarcal, no Cornubal.

Presta asesoraramento personalizado gratuíto a todas a persoas que decidan emprender un proxecto empresarial, tamén contan cun escaparate de negocios minoristas dispoñibles para aquelas persoas que xa buscan iniciar un proxecto xa consolidado, facilitando a transmisión de empresas establecidas en Galicia.

Ademáis, tamén forman parte da Estratexia Retorna da Xunta, un paquete de medidas co obxetivo de favorecer a integración no mercado laboral das persoas retornadas, asi como a creación de empresas por persoas galegas retornadas.

Ecoita aquí a entrvista a Javier Pegito: