A Xunta modificará o proxecto do entorno da Veracruz
A decisión política estaría xa adoptada, aínda que de momento nada transcendeu oficialmente. A Consellería de medio ambiente, territorio e infraesctructuras, accederá finalmente -asi pudo sabelo Cope O Carballiño- a modificar o proxecto e retirar do mesmo o muro de contención que na parte frontal da igrexa acadaría unha altura de 3,7 metros. A decisión sería consecuencia tanto da presión social que desde O Carballiño se está exercendo sobre este asunto, e tamén do posicionamento contrario que sobre este aspecto concreto do proxecto veñen facendo distintos persoeiros do ámbito da cultura, que trasladaron ó propio Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Rey Pichel. Esta pasada fin de semana sumábase a este movemento opositor contra o muro a Real Academia Galega de Belas Artes, da que forma parte o arqueólogo, museólogo e estudioso da Igrexa da Veracruz, o carballiñés Felipe-Senén López Gómez.