A Xunta podería anunciar de forma inminente que renuncia á planta incineradora do Irixo
Fontes coñecedoras da situación aseguran que a decisión podería facerse oficial nos próximos días e apuntan a que por parte da Xunta anunciaráse que descarta definitivamente o poroxecto da planta incineradora no Irixo.
Confirmariase asi a inviabilidade do proxecto promovido pola empresa Estéla Eólica e a súa renuncia a execución do mesmo.
Asi as cousas, todo apunta a que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras apostará pola ampliación da planta de Sogama na localidade de Cerdeda. Para elo, necesitaría modificar o Plan de Residuos de Galicia.
Non obstante o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, asegurou a esta emisora de radio que descoñecía esta decísión e que tampouco tiña coñecemento de que a empresa promotora renunciara ao proxecto.