A Xunta potenciará este ano a Festa dos Maiores, que se celebrará o vindeiro dia 1 de Xullo
A Xuntanza de Maiores do Carballiño, que comezou a organizarse a finais dos anos 70 do século pasado, veu rexistrando un notable descenso de participación no transcurso dos últimos anos, de feito nas últimas edicións apenas logrou reunir a unhas mil quinientas persoas no parque municipal.
Lonxe foron quedando aquelas edicións multitudinarias de tempo atrás, cando a cifra de participantes situábase entre as 30.000 e atá as 40.000 persoas de algunhos anos, e polo tanto, cunha importante repercusión económica para O Carballiño.
Nun dos últimos plenos da corporación municipal, o concelleiro do BNG Chema Ferreiro presentou, e aprobouse por unanimidade, unha moción para instar á Xunta de Galicia a potenciar este evento, mentres que dende o grupo do Partido Popular comprometíanse a realizar xestións ante a Consellería de Política Social.
Pois ben, o portavoz dos populares no concello carballiñés, Argimiro Marnotes, confirmou a esta emisora de radio que a Xunta vai promocionar esta nova edición da Festa dos Maiores, de tal maneira que cada ún dos 42 Centros Sociocomunitarios existentes en Galicia terán un autobús gratuíto para que os seus usuarios poidan desplazarse ata O Carballiño.
A data que se manexa para a celebración da edición 2017 desta Xuntanza de Maiores do Carballiño é a do sábado dia 1 de Xullo.