A Xunta propón un Centro Integral de Saúde para O Carballiño de 4.500 m2, con 40 consultas e 8 áreas médicas. O novo centro para Boborás contará con 649 m2, e 7 consultas.

3, Novembro 2021

O Plan de Infraestructuras Sanitarias de Atención Primaria da Consellería de Sanidade inclúe na chamada fase 1 do mesmo -que terá carácter preferente na súa execución nos próximos anos- ao futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño e ao novo centro de saúde de Boborás.

A Consellería de Sanidade indica, en canto as carencias asistenciais que presenta o actúal centro de saúde do Carballiño, que "debido á insuficiencia de espazo físico para as sucesivas ampliacións da carteira de servizos fóronse empregando para consultas salas de esperas e outras zonas da edificación non destinadas a este fin (planta de soto do edificio inicial). Tamén manifesta que o centro actual non conta cunha distribución óptima e suficiente do espazo de xeito que resulte un centro adecuado ó actual nivel de desenvolvemento como Servizo de Atención Primaria e Punto de Atención Continuada e que permita prestar unha asistencia sanitaria de calidade.

En canto ao futuro Centro Integral de Saúde para O Carballiño, Sanidade propón un edificio de 4.500 metros cadrados de superficie, que estará dividido en 22 consultas de adultos, área bucodental, despacho de traballador social, área de infecciosos, 4 salas polivalentes, toma de mostras, e área pediátrica con 4 consultas, área da muller con 2 consultas, área de fisioterapia, sala de docencia.

No PAC: 6 consultas. No COF: 3 consultas. Na área de saúde mental: 3 consultas e despacho de saúde pública.

Con respecto ao centro de saúde actual increméntase: en 8 consultas na área de adultos, sala de educación sanitaria, área bucodental con 2 consultas, sala de xuntas No PAC: 2 consultas e sala de críticos e de observación.Un área de saúde mental con 3 consultas.

Boborás

O Plan de Infraestructuras sanitarias da Xunta detecta que o actúal centro de saúde de Boborás comparte espazos con outras instalacións municipais e presenta deficiencias estructurais.

O novo centro para o concello de Boborás constará de 2 consultas de medicina, 2 de enfermería, 1 do programa da muller, 1 polivalente e urxencias e 1 respiratorios. En relación ao centro actúal  increméntanse 1 consulta do programa da muller, 1 polivalente/urxencias e 1 respiratorios, asi como sala de xuntas. O espazo consruido estimado é de 649,6 metros cadrados.