A Xustiza condena a 8 anos e 6 meses de inhabilitación ó Alcalde de Punxín
A sentencia é firme e contra a mesma non cabe recurso, e condena o Alcalde de Punxín, Alfredo Cruz a unha inhabilitación especial para o exercicio de cargo público durante un periodo de oito anos e seis meses, o quedar probado que cometeu un delito de prevaricación no exercicio das súas funcións como Alcalde. A Audiencia provincial tén en conta a apelación da Fiscalia e revoca a sentencia anterior do Xulgado Penal nº 1 de Ourense, que absolvera o rexidor municipal. Os feitos que deron lugar a esta condena o Alcalde de Punxín, que deberá abandonar o seu cargo no Concello, remontanse o 21 de xuño de 2007, ós poucos dias de tomar posesión como Alcalde, éste asina unha carta de despido a Ramona Lema, traballadora do servizo municipal de limmpeza, que formara parte da lista do Partido Popular nas elección municipais. A sentencia condenatoria resalta que o Alcalde adoptou o acordo "pese a ser conocedor de que el mismo no se ajustaba a derecho, habiendo sido informado de tal extremo, tanto verbalmente como a través de infome por la Secretaria de la Corporación Municipal". Alfredo Cruz, foi unha das fichaxes do actúal Secretario do PSOE galego, Pachi Vázquez, encabezando a lista socialista de Punxín nas eleccións de 2007, nas que conseguíu maioria absoluta, polo que foi elexido Alcalde, un cargo para o que agora está inhabilitado por parte da Xustiza.