A Xustiza condena á Comunidade do Edificio Magariños como responsable do incendio en 2011, deberá abonar indemnizacións por importe de 265.000 euros
A sentencia da titular do Xulgado nº 1 do Carballiño condena á Comunidade do Edificio Magariños, sito na rúa Tomás Mª Mosquera, e a súa compañía aseguradora, a pagar distintas cantidades económicas en concepto de indemnizacións ás vítimas e as súas familias, como consecuencia do incendio rexistrado neste inmoble no mes de novembro de 2011.
A sentencia considera responsable deste sinistro á Comunidade do Edificio polo mal estado do cadro de contadores, onde se orixinou o lume. Tamén fai responsable á compañía do suministro eléctrico, que debería velar polo estado da instalación, pero a empresa eléctrica non foi demandada por ningunha das partes, polo que queda exenta de ter que pagar indemnización algunha.
Doutra parte, a sentencia non encontra ningún tipo de responsabilidade na actuación do concello do Carballiño, nin tampouco por parte dos servizos de emerxencia e Policia Local.
Son, en total, catro as demandas que a sentencia estima de forma parcial ou na súa integridade.
As vítimas e as súas familias reciben unha suma de 265.000 euros, que debe abonar a compañía aseguradora coa que a comunidade do edficio tiña suscripta a poliza de seguro.