A Xustiza declara a "imposiblidade de execución de sentencia" no caso do acceso ao novo balneario de Berán
Asi o anunciou nesta emisora de radio o Alcalde de Leiro, Francisco Fernández, que mostrou a súa satisfacción pola sentencia xudicial.
"O concello recibe asi unha boa noticia", porque declarase a imposiblidade legal de execución da sentencia inicialmente desfavorable para os intereses do concello, asi que agora o propietario dos terreos recibirá unha indemnización que calculo será dunhos 2.000 euros, e poñeráse fin a este conflicto", declarou o rexedor municipal.
Doutra parte, o pleno da corporación municpal deberá resolver a alegación presentada polo titular dos terreos en relación ao último procedemento de expropiación que leva a cabo o concello de Leiro. O alcalde adiantou en COPE O Carballiño que "a alegación será desestimada polo pleno".