A xustiza estima o recurso contencioso-administrativo dos propietarios da casa Soto contra o acordo do pleno que anulaba a proposta de compra
Unha sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense estima o recurso presentado por "Promociones Rúa Principal S.L.", a sociedade propietaria da casa Soto, contra o acordo do pleno da corporación municipal do dia 29 de Xullo de 2015 que estimara o recurso de reposición contra o acordo anterior do 6 de Maio de 2015 de proposta de compra desta propiedade, na rúa Tomás María Mosquera.
O acordo inicial fora promovido polo anterior goberno municipal do Partido Popular, logo, tras as elección municipais e o cámbeo de corporación, prosperou o recurso de reposición -que apoiarán PSdeG, BNG e Alternativa Veciñal- que anulaba a operación de compra venda.
Nos fundamentos de dereito, a sentencia afirma que tras o acordo que anulaba a proposta de compra, do mesmo non se deu traslado aos propietarios o que causou a súa indefensión "toda vez que existiendo un acuerdo de compra-venta, el mismo quedó sin efecto por la estimación del recurso, del que la parte actora no tuvo conocimiento, dado que no se dió traslado".
Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, no prazo de 15 dias unha vez que o concello reciba a notificación, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A sentencia condena ao concello do Carballiño a pagar as costas deste procedemento xudicial.