As Xuventudes Socialistas denuncian o desmantelamento do transporte ferroviario
Manifestan "a discriminación que tanto o Goberno do Estado co beneplácito da Xunta como Adif están a facer co servicio ferroviario".
Así, dende as Xuventudes Socialistas do Carballiño denunciase "que o goberno da vila non tomara cartas no asunto antes, e evitara esta situación á que chegamos". Remarcan que fai dous meses que o alcalde, Argimiro Marnotes, dixo que ía a solicitar información oficial sobre a reducción do servizo, porque existían rumores sobre o tema".
“É escandaloso que o goberno municipal non se faga eco dos problemas da vila, xa que esta situación víñase arrastrando dende fai un ano, cando se comezaron a suprimir liñas e cambiar horarios” comentou Miriam Fernández, secretaria das Xuventudes Socialistas do Carballiño.
Por outro lado, solicítase que dende o concello "se tome o papel de defender aos cidadáns e os seus dereitos, e se busquen solucións, para que as persoas que utilicen este transporte poidan seguir usandoo".
“Non podemos aplaudir que se nos prive aos xóvenes de estudar tan só por non ter desprazamento, xa que o coste para ir a Santiago incrementaríase 3 veces máis en ir a Ourense e coller un tren alí” dí Miriam Fernández.
Para rematar, puntualizan que para viaxar calquer día a Santiago dende O Carballiño "estamos suxeitos a un limitado horario, e por iso reclaman ao goberno municipal que se manifesten e que se propoña unha solución que non inflúa na economía dos cidadáns".