A XXX Festa da Cachucha abarrota os comedores da hostalaría local, na despedida carballiñesa ao entroido

A festa gastronómica do inverno no Carballiño volveu demostrar que está xa consolidada como o evento maís destacado en Galicia no chamado domingo de piñata. e por segundo ano consecutivo, máis de 2.300 persoas degustaron nos resturantes da vila e arredores o menú da festa, a base do exquisito cocido de cachucha.
A pesar da amenza de chuvia, que caeu nalgunhos momentos deste domingo, non se suspendeu ningunha das actividades festivas programadas polo concello carballliñés, incluidos os dous desfiles de comparsas, folións, charangas, e as sempre espectaculares carrozas do entroido de Parada de Amoeiro, que coa súa presenza animaron ao numeroso público ao seu paso polas rúas máis céntricas do Carballiño.
A orquestra Gran Parada puxo o fin de festa na Praza Maior, completando asi o programa desta XXX edición da Festa da Cachucha, despendindo tamén o ciclo festivo do entroido no Carballiño que se prolongaba desde o pasado 28 de febreiro.